Comité de ética
Neste apartado pódese consultar a información relativa ao Comité de ética da Xunta de Galicia.
O 28 de abril de 2022 constituíuse o Comité de ética da Xunta de Galicia, previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia.
Este comité configúrase no propio Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia como un órgano de asesoramento sobre o cumprimento da política de integridade e, en especial, sobre o tratamento das denuncias por irregularidades.
Composición
- Presidencia: Andrea Garrido Juncal, profesora contratada doutora do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela
- Secretaría: Patricia Brión Cabanelas, auditora da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa
- Vogais:
- Santiago González Serrano, secretario da Comisión de Transparencia de Galicia adscrita á institución do Valedor do Pobo
- María Aránzazu Portabales Santomé, subdirectora xeral de Fiscalización e Control Interno da Intervención Xeral da Comunidade autónoma
- Isabel Torralba Mena, xefa do Gabinete de Asesoramento e Apoio á Actualización Normativa da Asesoría Xurídica Xeral