Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Ten dispoñibles para consulta 126 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 14/09/2026 | Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas

Inicio da tramitación: 14/09/2026 | Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico

Proxecto de Lei dos orzamentos xerais da comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2027

Inicio da tramitación: 06/08/2026 | A Presidencia da Xunta - Instituto Galego de Estatística (IGE)

Anteproxecto de lei do Plan galego de estatística 2027-2031

Recibíronse 5 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 03/08/2026 | A Presidencia da Xunta - Instituto Galego de Estatística (IGE)

Proxecto de decreto polo que se aproba o Estatuto do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística

Inicio da tramitación: 30/06/2026 | Medio Rural - Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Proxecto de decreto polo que se determinan as actuacións dirixidas a reducir e evitar a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia

Recibíronse 34 suxestións para esta norma