Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Ten dispoñibles para consulta 123 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 24/03/2026 | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional - Dirección Xeral de Formación Profesional

Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos ciclos formativos de Grao Superior na comunidade autónoma de Galicia

Inicio da tramitación: 02/03/2026 | Consellería de Política Social e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de orde pola que se modifica o módulo de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia

Recibíronse 3 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 25/02/2026 | Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Proxecto de orde pola que se desenvolven as condicións e os criterios de igualdade para a obtención da Certificación Galega de Excelencia en Igualdade

Recibíronse 2 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 19/02/2026 | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

Proxecto de decreto polo que se crea e regula o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Inicio da tramitación: 26/12/2025 | Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de orde pola que se crea e regula o Rexistro galego de persoas centenarias

Inicio da tramitación: 05/11/2025 | Medio Rural - Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria

Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro das entidades de control e certificación dos produtos alimenticios de Galicia

Inicio da tramitación: 23/09/2025 | Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Secretaría Xeral da Lingua

Proxecto de decreto polo que se regula a habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego, e viceversa

Recibíronse 8 suxestións para esta norma