Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Ten dispoñibles para consulta 122 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 02/05/2025 | Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento do sistema de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia e da avaliación do desempeño
Recibíronse 4 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 26/04/2025 | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Secretaría Xeral Técnica
Anteproxecto de lei de Administración Ambiental Simplificada
Recibíronse 19 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 23/04/2025 | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as normas relativas ao uso público e a actividades recreativas nos illotes dos Guidoiros e illa de Rúa
Inicio da tramitación: 10/04/2025 | Consellería de Política Social e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 02/04/2025 | Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 172/2022, do 6 de outubro, polo que se aproba o Catálogo de actividades que deben adoptar medidas de autoprotección e polo que se fixa o contido desas medidas
Inicio da tramitación: 14/03/2025 | Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura
Proxecto de decreto polo que se regula a composición e o funcionamento do Observatorio da Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia
Inicio da tramitación: 11/02/2025 | Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Administración Local
Anteproxecto de lei de Administración Local de Galicia
Recibíronse 46 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 10/02/2025 | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Anteproxecto de lei de educación dixital de Galicia
Recibíronse 24 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 17/12/2024 | Mar - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se crea a Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia e se aproban os seus estatutos
Inicio da tramitación: 26/11/2024 | Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 70/2011, do 7 de abril, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipamentos e compoñentes
Recibíronse 3 suxestións para esta norma