ACCESIBILIDADE

Conformidade a estándares e accesibilidade desta web

Política de accesibilidade

Este sitio web foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.

A política de accesibilidade aplicada neste sitio web está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Cumprimento dos estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Google Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.

Para a correcta visualización do portal gráfico cómpre poder executar Javascript.

Data da última revisión

A última revisión de accesibilidade deste portal foi realizada con data 24/07/2017.

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.

Quedan excluídos aqueles complementos de terceiros como por exemplo: complementos de redes sociais, visores de mapas, ferramentas para compartir contido…

Atallos de teclado

Segundo o sistema operativo, os navegadores fan uso dunha combinación de teclas determinada para permitir o acceso aos atallos de teclado. Habitualmente, no sistema operativo Mac esta combinación é Ctrl + ⌥ Opt. No resto de sistemas operativos a combinación é Alt ou Alt + ⇧ Shift.

Este portal utiliza, xunto coa combinación de teclas do seu navegador, os seguintes atallos:

  • 0: Inicio
  • 1: Atendémolo/a
  • 2: Accesibilidade
  • 3: Mapa do portal
  • 4: Suxestións e queixas
  • L: Lector de contidos Readspeaker

Contacto

Co obxecto de mellorar de forma continuada a accesibilidade deste portal, a Xunta de Galicia convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión en relación á accesibilidade, a través de calquera das modalidades de presentación que ten dispoñibles o Sistema integrado de atención á cidadanía.