Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social, está a preparar a nova Estratexia de inclusión social de Galicia 2023-2030. Neste proceso abre unha consulta pública á que convida a participar a entidades locais, terceiro sector de acción social, outros axentes que traballan a favor da inclusión social en Galicia e cidadanía.

A Estratexia de Inclusión Social, aliñada co Plan Estratéxico de Galicia, constituirá para a Xunta de Galicia unha folla de ruta das políticas de inclusión social ata o ano 2030. 

Con esta Estratexia a Xunta de Galicia quere dar resposta aos retos e necesidades no marco das políticas de inclusión social. Quere responder ás situacións de pobreza e exclusión nun contexto que é novo, respecto do que supuxo o punto de partida para a formulación da estratexia anterior,e cun enfoque no que se da continuidade ás liñas de traballo actuais toda vez que se orienta a axustes sobre estas ou á introdución doutras novas, tendo en conta as tendencias europeas e as orientación para abordar os desafíos recentes e futuros.
 
Neste sentido, é clave identificar e analizar o que precisa reforzarse, cambiarse ou introducir novo para acadar os obxectivos que se establezan. A estrutura preliminar da estratexia comprende catro eixos: Previr o risco de pobreza e a exclusión social; Combater as situacións de pobreza e de exclusión social, Promover a inclusión de todos os territorios e apoiar un espazo rural inclusivo; e Impulsar a mellora cualitativa dos Servizos Sociais de inclusión. Conta, ademais coa interseccionalidade e diversidade cultural como eixo transversal.
pechado o prazo de participación
Actualizado: 02/05/2023

Estado actual: pechado o prazo de participación

Prazo: 02/05/2023 - 25/05/2023

Órgano: Dirección Xeral de Inclusión Social

Departamento: Consellería de Política Social e Xuventude

 A Estratexia de Inclusión Social, aliñada co Plan Estratéxico de Galicia, constituirá para a Xunta de Galicia unha folla de ruta das políticas de inclusión social ata o ano 2030. 

Con esta Estratexia a Xunta de Galicia quere dar resposta aos retos e necesidades no marco das políticas de inclusión social. Quere responder ás situacións de pobreza e exclusión nun contexto que é novo, respecto do que supuxo o punto de partida para a formulación da estratexia anterior,e cun enfoque no que se da continuidade ás liñas de traballo actuais toda vez que se orienta a axustes sobre estas ou á introdución doutras novas, tendo en conta as tendencias europeas e as orientación para abordar os desafíos recentes e futuros.
 
Neste sentido, é clave identificar e analizar o que precisa reforzarse, cambiarse ou introducir novo para acadar os obxectivos que se establezan. A estrutura preliminar da estratexia comprende catro eixos: Previr o risco de pobreza e a exclusión social; Combater as situacións de pobreza e de exclusión social, Promover a inclusión de todos os territorios e apoiar un espazo rural inclusivo; e Impulsar a mellora cualitativa dos Servizos Sociais de inclusión. Conta, ademais coa interseccionalidade e diversidade cultural como eixo transversal.
pechado o prazo de participación

Achegas e opinións recibidas: 6