Relacións da Xunta co Parlamento de Galicia

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno recolle, no seu artigo 19, as obrigas específicas de publicidade activa respecto ás relacións da Xunta co Parlamento de Galicia.

A Xunta de Galicia publica neste portal a relación dos acordos aprobados no Parlamento de Galicia que afecten ás súas competencias, detallando a data de aprobación e o organismo competente para o seu cumprimento. Asemade, publicará aqueles acordos que a insten a dirixirse a outras entidades.

Neste apartado publícase o informe elaborado pola Xunta de Galicia dando conta do grao de cumprimento dos acordos aprobados polo Parlamento.

Tamén se recolle a publicación no DOG das subvencións anuais da Comunidade Autónoma de Galicia para atender aos gastos de funcionamento das formacións políticas con representación parlamentaria, consonte ao disposto no artigo 44 da Lei 9/2015, do 7 de agosto, de financiamento das formacións políticas e fundacións e entidades vinculadas ou dependentes delas e ao artigo 17.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Ademais, neste apartado publícase outra información de interese en relación a determinados aspectos da actividade do Parlamento de Galicia con obxecto de facilitar á cidadanía o acceso a dita información desde este portal dunha forma directa e transparente.

D

Estructura organizativa

Resultoulle útil a información?