Este sistema está constituído polos indicadores do funcionamento da propia   Administración, a partir da información dispoñible nos sistemas e nas   aplicacións que lle dan soporte á actividade dixital desta.
 A súa creación ten como obxectivo establecer os mecanismos de medición necesarios para avaliar, analizar e controlar a implantación e o impacto da administración dixital, así como achegar coñecemento para a mellora da prestación dos servizos públicos.
 O coñecemento e uso destes indicadores ten interese en diferentes ámbitos:
      - Dentro da propia Administración:   para facilitar a toma de decisións, avaliar a prestación dos servizos   públicos, permitir a observación da sociedade dixital e análise   estatística...
- Na cooperación con outras administracións, para facilitar o aliñamento con indicadores comúns
- De cara á cidadanía, como elemento de transparencia,   proporcionando un servizo de información de alta calidade baseado nos   principios de libre e fácil acceso á información do sector público