Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Para facilitarlle o seguimento das últimas normativas tramitadas polos centros directivos ou entidades dependentes dos departamentos da Xunta de Galicia recóllense neste espazo aquelas disposicións que foron xa aprobadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia dentro dos últimos catro anos, contado desde a data de publicación da norma no DOG. As persoas interesadas en ter información das normas que teñan un tempo de publicación superior, poden facer dita consulta no buscador do propio diario
Ten dispoñibles para consulta 632 normativas en tramitación:
Data de publicación no DOG: 13/12/2023 | Sanidade - Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)
Decreto 148/2023, do 23 de novembro, polo que se regula o Programa galego para a detección precoz de enfermidades xenéticas, endócrinas e metabólicas en período neonatal e se crea o Comité asesor do programa
Data de publicación no DOG: 05/12/2023 | Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral da Función Pública
Orde do 27 de novembro de 2023 pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Data de publicación no DOG: 01/12/2023 | Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Orde do 30 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes
Data de publicación no DOG: 23/11/2023 | Medio Rural - Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)
Orde do 14 de novembro de 2023 pola que se establece a normativa para a verificación da aptitude dos viños das denominacións de orixe protexidas de ámbito galego polos seus consellos reguladores
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Data de publicación no DOG: 22/11/2023 | Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Orde do 16 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes
Data de publicación no DOG: 17/11/2023 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Orde do 13 de novembro de 2023 pola que se crean e regulan o Rexistro Galego de Tumores e o Consello de Asesoramento do Rexistro Galego de Tumores
Data de publicación no DOG: 13/11/2023 | Facenda e Administración Pública; Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio
Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia
Data de publicación no DOG: 08/11/2023 | Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes
Recibíronse 11 suxestións para esta norma
Data de publicación no DOG: 03/11/2023 | Sanidade - Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)
Orde do 26 de outubro de 2023 pola que se crea e regula o Consello Técnico Asesor en Intelixencia Artificial e Espazo de Datos do Sistema Público de Saúde de Galicia e se establece a súa composición, organización e funcionamento
Data de publicación no DOG: 18/10/2023 | Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 18 de abril de 1996, pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e dos requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores