Lei 8/2023, do 14 de decembro, de artesanía de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Departamento: Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación - Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Inicio da tramitación: 17/02/2021

Data da publicación no DOG: 19/12/2023

Obxecto:

o anteproxecto ten por obxecto adecuar a regulación da artesanía en Galicia, ata agora establecida na Lei 1/1982, de 11 de marzo, á nova realidade do sector, nun marco xurídico idóneo que manteña e promova a súa importancia social, cultural, identitaria e económica, e que incremente a súa profesionalización e competitividade.

A actividade artesanal en Galicia non é só unha actividade económica, senón que tamén ten unha importante dimensión cultural, no que implica de transmisión de valores, respecto polos materiais locais e do medio ambiente, promoción do emprendemento, creación de emprego especializado de calidade, e fixación da poboación nos núcleos rurais.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 185