Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Inicio da tramitación: 20/09/2023

Data da publicación no DOG: 29/12/2023

Obxecto:

a presente lei ten por obxecto a aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, que representan a expresión cifrada, conxunta e sistemática dos ingresos e dos gastos cos que durante o exercicio orzamentario do 2024 se vai facer fronte á xestión dos intereses polos que debe velar, en exercicio da súa autonomía constitucionalmente recoñecida.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG