Gasto por habitante
| |
2019 |
2020 |
2021 |
2022 |
2023 |
2024 |
2025 |
| Ratio de gasto non financeiro por habitante |
3.528,20 |
3.835,90 |
4.092,20 |
4.074,20 |
4.591,10 |
5.044,10 |
5.170,20 |
Gasto con perspectiva territorial
O orzamento de 2025 conta tamén cunha perspectiva territorial, contemplando todas as partidas de gasto agás as financeiras. Unha vez deducido o gasto financeiro, o gasto cun ámbito superior ao provincial, e o gasto correspondente aos servizos centrais (aqueles gastos asociados aos servizos prestados desde as sedes administrativas da Xunta situadas no Concello de Santiago); a distribución provincial do gasto explica o 92,6% do gasto non financeiro. A distribución per cápita dese gasto por provincias é a seguinte: A Coruña 4.449 euros por habitante, Lugo 5.840 euros por habitante, Ourense 5.742 euros por habitante, e Pontevedra 4.318 euros por habitante.
Como pode apreciarse, as políticas consolidadas de gasto apostan pola cohesión territorial investindo en torno a 1.000 euros máis por habitante nas provincias menos poboadas.
