Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 05/08/2026

Obxecto:

con esta modificación da estrutura directiva das áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde poténciase a atención primaria, facendo que as direccións de atención primaria pasen a depender directamente das súas xerencias. Ademais, para reforzar a súa orientación comunitaria pasarán a denominarse direccións de atención primaria e comunitaria. Tamén se reforza o papel das direccións de enfermaría, que se denominarán direccións de enfermaría e coidados e tamén dependerán directamente das xerencias.

Como consecuencia das medidas anteriores, e para reforzar as funcións de coordinación das xerencias das sete áreas sanitarias, créase a figura da vicexerencia en cada unha delas, desaparecendo as actuais direccións asistenciais. Tamén se realizan algúns axustes no nivel das subdireccións das áreas sanitarias.

Outra medida relevante é a creación do Centro de Protonterapia de Galicia como unidade asistencial de alta especialización chamada a prestar os seus servizos para o conxunto do Sistema público de saúde de Galicia, así como para outros servizos de saúde. O centro contará cun posto directivo específico e desenvolverá as súas funcións de acordo cos criterios de planificación e directrices de actuación que determine a consellería de Sanidade a través da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, aínda que, pola súa ubicación, o centro quedará integrado organicamente na estrutura da área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza.

Estado actual: En prazo de envío de suxestións

Prazo para remitir suxestións: 05/08/2026 - 25/08/2026

Suxestións recibidas: 1

Formulario de participación

Cubra este formulario e a súa suxestión será atendida polo departamento que elaborou esta norma. Lembre que os campos sinalados con asterisco (*) son obrigatorios

Datos persoais
Achegas/opinións

Se fose necesario anexar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml. En calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido de 5 MB.