Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 04/08/2023
Data da publicación no DOG: 11/03/2024
este decreto ten por obxecto establecer os procedementos e os controis para a subministración de medicamentos de uso humano de uso exclusivamente hospitalario a profesionais veterinarios nos supostos de prescrición excepcional dos mesmos por baleiro terapéutico previstos na normativa de aplicación.
Exclúense do ámbito de aplicación deste decreto e, polo tanto, non poderán ser obxecto de subministro nestes casos, os antimicrobianos ou grupos de antimicrobianos reservados para o tratamento de determinadas infeccións en seres humanos, de conformidade co disposto no Regulamento de execución (UE) 2022/1255, da Comisión, do 19 de xullo de 2022, polo que se designan antimicrobianos ou grupos de antimicrobianos reservados para o tratamento de determinadas infeccións nas persoas, de conformidade co Regulamento (UE) 2019/6 do Parlamento Europeo e do Consello.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 3