Orde do 26 de abril de 2023 pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo procedente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (código de procedemento AP100A)

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Inicio da tramitación: 19/01/2023

Data da publicación no DOG: 08/05/2023

Obxecto:

regular o procedemento de integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, baixo os principios de voluntariedade, homologación e homoxeneidade nas condicións previstas na normativa do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1