Orde do 12 de abril de 2022 pola que se regula o pagamento, mediante transferencia bancaria e xiro postal, de débedas cuxa xestión recadatoria ten encomendada a Axencia Tributaria de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Inicio da tramitación: 28/02/2022

Data da publicación no DOG: 25/04/2022

Obxecto:

a regulación da transferencia bancaria e o xiro postal como medios de pago de débedas xestionadas pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), así como establecer o alcance e as condicións que se terán que cumprir e o momento no que, en cada caso, se producirá a liberación da débeda.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG