Obxecto:
desenvolver a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia con respecto ao ámbito regulador do Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia. O decreto conta de 21 artigos, unha disposición adicional, unha transitoria e dúas disposicións derradeiras.
No título preliminar establécense as disposicións xerais, determinándose o obxecto, ámbito de aplicación, contido e finalidade, natureza xurídica e adscrición, definicións, soporte e custodia, e a cooperación administrativa e deberes de colaboración.
No título I, que se divide en dous capítulos, regúlanse a estrutura e a inscrición, no capítulo I, e a publicidade e acceso á información contida no rexistro, no capítulo II.
Na disposición adicional regúlase a inscrición das instalacións deportivas dos centros docentes públicos e mediante disposición transitoria regúlase a inscrición de oficio de instalacións recollidas na Plataforma Galicia Saudable.
Nas disposicións derradeiras disponse a habilitación normativa para o desenvolvemento do decreto e a súa entrada en vigor.