Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas excepcionais e temporais relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e ao pagamento de determinados impostos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Departamento: Consellería de Facenda - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Inicio da tramitación: 20/03/2020

Data da publicación no DOG: 27/03/2020

Obxecto:

a adopción de medidas de carácter excepcional e vixencia temporalmente limitada, en relación cos prazos de cumprimento das obrigacións tributarias relativas á presentación de declaracións ou autoliquidacións e ao ingreso da débeda tributaria autoliquidada dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, sobre sucesións e doazóns e dos tributos cedidos sobre o xogo cuxa xestión compete á comunidade autónoma galega.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1