Decreto 28/2020, do 13 de febreiro, polo que se modifica o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, aprobado polo Decreto 343/2003, do 11 de xullo

D

Documentos relacionados

Órgano ou entidade tramitadora: Asesoría Xurídica Xeral

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Asesoría Xurídica Xeral

Inicio da tramitación: 29/11/2019

Data da publicación no DOG: 02/03/2020

Obxecto:

o presente decreto realiza unha modificación parcial da estrutura orgánica vixente, recollida no Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, aprobado polo Decreto 343/2003, do 11 de xullo, no relativo á organización da Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde, aos efectos de potenciala, tendo en conta as necesidades da asistencia, representación e defensa xurídica especializada que exixe o organismo.

A modificación do Regulamento orgánico afecta ao número 2 do artigo 8, e aos artigos 16, 17, 18, 19 e 20.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG