Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Inicio da tramitación: 28/10/2019
Data da publicación no DOG: 31/12/2019
desenvolver a regulación dunha tarifa específica aplicable ao colectivo de persoas usuarias do transporte público regular interurbano de uso xeral incluídas na categoría de Xente Nova. Para os efectos desta orde, terán a consideración de Xente Nova as persoas usuarias do transporte público regular interurbano de uso xeral por estrada con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos de idade, inclusive.
Á xente nova que cumpra cos requisitos establecidos nesta orde aplicaráselle unha tarifa de cero euros (0,00 €) nas viaxes interurbanas realizadas en servizos de transporte público regular de viaxeiros/as por estrada de uso xeral da competencia da Xunta de Galicia, cun número máximo de sesenta (60) viaxes mensuais por persoa usuaria, e de acordo coas condicións de funcionamento establecidas nesta orde.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 1