Decreto 86/2019, do 27 de xuño, polo que se crea o Museo do Viño de Galicia, dependente da Xunta de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Cultura e Turismo

Departamento: Consellería de Cultura e Turismo

Inicio da tramitación: 15/02/2019

Data da publicación no DOG: 18/07/2019

Obxecto:

o obxecto deste decreto é a creación, conforme ao que esixe o Decreto 314/1986, do 16 de outubro, de regulación do sistema público de museos da Comunidade Autónoma, dun novo museo, de titularidade e xestión autonómica, denominado Museo do Viño de Galicia.

Así mesmo, delimítase tamén neste decreto o ámbito territorial, temático e sede, ademais doutros aspectos que teñen que ver cos obxectivos e funcións do Museo do Viño, xestión dos seus fondos e funcionamento.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG