Orde do 16 de abril de 2019 pola que se derroga a Orde da Consellería de Economía e Industria do 27 de agosto de 2009 pola que se desenvolve o número 5 do artigo 2 do Decreto 284/1994, que regula a concesión de avais polo Instituto Galego de Promoción Económica

Órgano ou entidade tramitadora: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Instituto Galego de Promoción Económica

Inicio da tramitación: 15/03/2019

Data da publicación no DOG: 26/04/2019

Obxecto:

Derrogar a Orde da Consellería de Economía e Industria do 27 de agosto de 2009, xa que na actualidade, a competencia para a concesión de axudas públicas e para o establecemento das correspondentes bases reguladoras está atribuída ao Igape, segundo resulta dos artigos 7, 14 e concordantes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que a regulación dos requisitos e procedementos de concesión dos reavais debe ser establecida a través de bases reguladoras. 

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG