Orde do 2 de decembro de 2019 pola que se regula a xestión das contas bancarias onde se depositan os fondos integrantes da Tesouraría da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

Departamento: Consellería de Facenda - Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro

Inicio da tramitación: 04/09/2018

Data da publicación no DOG: 27/12/2019

Obxecto:

actualizar a normativa que regula as funcións de verificación sobre as contas e o seu réxime de funcionamento, os tipos de contas permitidas, o procedemento a seguir na apertura e cancelación de contas, a instrumentación das relacións de colaboración coas entidades de crédito e a necesidade de dispoñer dun rexistro de contas autorizadas cun contido mínimo para un adecuado control.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG