Orde do 12 de abril de 2019 pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero (códigos de procedemento SI500A e SI500B)

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral da Igualdade

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Secretaría Xeral da Igualdade

Inicio da tramitación: 26/06/2018

Data da publicación no DOG: 07/05/2019

Obxecto:

esta orde ten por obxecto regular o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (SI500A), así como o procedemento de inscrición no Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a devandita formación (SI500B).

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1