Orde do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 16/06/2018

Data da publicación no DOG: 30/08/2018

Obxecto:

esta orde ten por obxecto ampliar a relación de materias de libre configuración autonómica propostas por esta consellería elixibles polos centros docentes dentro do horario de libre configuración en educación secundaria obrigatoria e bacharelato, así como regular o seu currículo e a súa oferta.

Completa tres ordes anteriores (Orde do 15 de xullo de 2015, Orde do 13 de xullo de 2016 e Orde do 3 de agosto de 2017) coa ampliación de novas materias.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 2