Orde do 20 de novembro de 2018 pola que se regula a dixitalización da documentación clínica en soporte papel que forma parte da historia clínica

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 16/05/2018

Data da publicación no DOG: 30/11/2018

Obxecto:

establecer as normas básicas de dixitalización da documentación que forma parte da historia clínica, así como as condicións de destrución daqueles documentos non dixitais dos que se fai copia auténtica; crear e regular a Comisión Central de Documentación Clínica para a Historia Clínica Electrónica e definir o mecanismo de captación de firma manuscrita en formato dixital, o cal se equipara á firma dixital recoñecida naqueles elementos da historia clínica que requiren de firma por parte das persoas usuarias.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG