Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Inicio da tramitación: 25/01/2018

Data de aprobación do proxecto de lei polo Consello da Xunta para a súa remisión e tramitación no Parlamento: 01/08/2019

Data da publicación no DOG: 03/01/2020

Obxecto:

o anteproxecto de lei ten por obxecto:

-Regular dunha maneira integral o aproveitamento para uso lúdico das augas termais que abrollen en Galicia.

-Garantir a salubridade, a seguridade e un aproveitamento lúdico ordenado e sostible das augas termais, para os efectos de evitar un uso incorrecto ou irracional do recurso e a conseguinte degradación da súa calidade.

-Valorizar a condición das augas termais como recurso natural, patrimonial, cultural, industrial, turístico e lúdico, así como promover o desenvolvemento económico e social dos municipios onde tales augas abrollan.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 17