Decreto 93/2017, do 14 de setembro, polo que se regula a composición e funcionamento dos consellos territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia, do Consello Asesor dos Camiños de Santiago e da Comisión Técnica de Arqueoloxía

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Inicio da tramitación: 26/01/2017

Data da publicación no DOG: 09/10/2017

Obxecto:

o proxecto de decreto regula a composición e o funcionamento dos Consellos Territoriais do Patrimonio cultural de Galicia, do Consello asesor dos Camiños de Santiago e da Comisión Técnica de Arqueoloxía, órganos colexiados, aos que lle corresponde o asesoramento á consellería competente en materia de patrimonio cultural, previstos na Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 3