Decreto 92/2017, do 7 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 17/06/2016

Data da publicación no DOG: 05/10/2017

Obxecto:

establecer o currículo, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, para as ensinanzas do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía, pertencente á familia profesional artística de Escultura, sinalando os seus obxectivos, as súas competencias e os seus contidos.

Atender as necesidades de formación de técnicos/as superiores especialistas nas técnicas de dourado, prateado e policromía, e xuntar o coñecemento de materiais, procedementos técnicos e novas tecnoloxías coa cultura e a sensibilidade artística para constituír a garantía de calidade demandada polos sectores produtivos, artísticos e culturais vinculados ao ámbito desta especialidade.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG