Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Inicio da tramitación: 25/02/2016
Data da publicación no DOG: 28/07/2016
Modificar a cartografía do anexo I do Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia, substituíndoa pola contida no anexo I, na que se recollen os límites actualizados correspondentes as zonas especiais de conservación declaradas no citado Decreto.Esta actualización é debida a unha delimitación máis precisa dixitalizada sobre unha base cartográfica 1: 5000 e foi sometida a información pública xunto co Plan director da Rede Natura 2000.Estes límites xa foron validados pola Decisión de Execución (UE) 2015/2373 da Comisión, do 26 de novembro de 2015 pola que se adopta a novena lista actualizada de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica e a Decisión de execución (UE) 2015/2374 da Comisión, do 26 de novembro de 2015 pola que se adopta a novena lista actualizada de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica mediterránea.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 1