Decreto 6/2017, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 02/06/2016

Data da publicación no DOG: 24/01/2017

Obxecto:

O presente decreto autoriza a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, na Universidade de Vigo para a impartición do título universitario oficial de Grao en Enxeñaría Aeroespacial.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG