De conformidade co disposto no artigo 152.8 do Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas, sométense a información pública, durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os documentos integrantes no expediente do asunto.
Dentro do devandito prazo, as persoas interesadas poderán consultar a proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña e, no seu caso, presentar as alegacións e observacións que estimen oportunas, que deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Período de información pública: do 07/04/2026 ao 05/05/2026