As actuacións prioritarias a realizar no marco do PAP 2021 son dúas:
- Atención dos grupos de protección civil, nos distintos camiños, para garantir a atención dos/as peregrinos/as mediante a prestación de servizos.
- Apoio nos dispositivos de control nos eventos que se desenvolvan no marco do Xacobeo, en colaboración con outros grupos operativos dependentes doutras administracións públicas.
Avaliación e seguimento
Realizarase un seguimento das reunións do grupo de traballo e dos operativos realizados polos grupos de protección civil de atención ao peregrino, con carácter trimestral.
Data de aprobación no Consello da Xunta: 23/12/2020