Lectura, Información e Aprendizaxe seguen a ser os ámbitos de actuación da biblioteca escolar e dan nome a un plan de actuación estruturado da seguinte forma:
- Obxectivos xerais: as grandes finalidades do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares que conectan os logros acadados ata o momento cos retos pendentes e as novas necesidades.
- Unha ducia de desafíos: identifícanse 12 retos ou desafíos que cómpre abordar para avanzar na consecución dos obxectivos xerais deste Plan LÍA de Bibliotecas Escolares nos vindeiros cinco anos.
- Liñas de acción e algunhas medidas concretas: para cada un dos desafíos, e sempre con vistas á consecución dos obxectivos finais, recóllense as principais liñas de acción xa iniciadas ás que se lles dá continuidade e outras iniciativas novas que cómpre poñer en marcha; detállanse algunhas medidas concretas a modo de exemplo.
Data de aprobación: 4/4/2017