O Plan de Acción recolle as principais iniciativas que a Amtega ven desenvolvendo neste eido nos últimos tempos co obxectivo de que as persoas dispoñan dos medios tecnolóxicos axeitados no seu posto, sempre baixo a premisa de implantar un modelo sostible no tempo, e sen perder a perspectiva de acadar o fin último da administración, que non é outro que garantir un mellor servizo aos cidadáns.
O plan dá resposta ás seguintes necesidades:
Dotación dos medios TIC necesarios no posto de traballo para a prestación efectiva dos servizos públicos dixitais, e para o desenvolvemento da administración e goberno electrónicos.
Dotación de medios TIC que resulten sostibles económica, técnica e medioambientalmente, tendo en conta os criterios e as mellores prácticas na xestión do posto de traballo.
Identificación, inventario, e definición dun modelo obxectivo do posto de traballo dixital nos ámbitos de actuación indicados.
Data de actualización: 4/3/2016