-
Antecedentes:
A Lei orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, introduciu modificacións na regulación do currículo e da ordenación das distintas etapas educativas, entre outras, da etapa de educación infantil.
En desenvolvemento das referidas modificacións introducidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o Real Decreto 95/2022, de 1 de febreiro, estableceu a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación infantil.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
Establecer, para o sistema educativo galego, a ordenación e o currículo das ensinanzas da educación infantil regulando e establecendo as correspondentes relacións entre os distintos elementos curriculares conforme ás competencias correspondentes en materia educativa e ao Real decreto 95/2022, do 1 de febreiro, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación infantil.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Cumprir o calendario de implantación establecido na disposición derradeira terceira do Real decreto 95/2022, de 1 de febreiro, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación infantil, que regula que o seu contido se implantará no curso escolar 2022-2023.
-
Obxectivos:
Establecer a ordenación e o currículo da etapa de educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
O artigo 6.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as Administracións educativas establecerán o currículo das distintas ensinanzas reguladas na Lei.
O Real decreto 95/2022, de 1 de febreiro, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación infantil, estableceu no seu calendario de implantación o curso escolar 2022-2023.
En Galicia, os currículos das distintas etapas educativas das derradeiras leis educativas sempre se publicaron en normas con rango de decreto.
Polo anterior, considérase que non hai alternativa mellor que a proposta para cumprir o mandato normativo.
-
Rango da norma:
Decreto