Orde pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 29/11/2021 - 13/12/2021

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A Lei orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estableceu no seu calendario de implantación que ao inicio do curso seguinte á entrada en vigor da Lei implantaranse as modificacións por ela introducidas na avaliación e nas condicións de promoción e, no seu caso, de titulación das diferentes etapas educativas.

    En desenvolvemento das referidas modificacións introducidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o Real Decreto 984/2021, de 16 de novembro, estableceu, entre outras, a avaliación e a promoción na Educación Primaria, así como a avaliación, a promoción e a titulación en Educación Secundaria Obrigatoria e en Bacharelato.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Concretar o desenvolvemento normativo no sistema educativo de Galicia para a avaliación, promoción e, no seu caso, titulación do alumnado nas ensinanzas de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato durante os cursos 2021-2022, en todos os niveis das etapas, e 2022-2023, nos niveis pares de todas as etapas, segundo determina o calendario de implantación da Lei orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Cumprir o calendario de implantación da Lei orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, sobre a avaliación, a promoción e, no seu caso, titulación das diferentes etapas educativas, e a entrada en vigor da regulación do Real Decreto 984/2021, de 16 de novembro, que estableceu, entre outras, a avaliación e a promoción na Educación Primaria, así como a avaliación, a promoción e a titulación en Educación Secundaria Obrigatoria e en Bacharelato.

  • Obxectivos:

    Actualizar a normativa sobre a avaliación e a promoción na Educación Primaria, así como sobre a avaliación, a promoción e a titulación na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato, para axustala á regulación do Real Decreto 984/2021, de 16 de novembro, que estableceu, entre outras, a avaliación e a promoción na Educación Primaria, así como a avaliación, a promoción e a titulación en Educación Secundaria Obrigatoria e en Bacharelato.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Posibilidade de realizar un decreto pero, dado que a entrada en vigor do citado Real Decreto 984/2021, de 16 de novembro, é para o presente curso 2021/2022, a longa tramitación do mesmo crearía incertezas e inseguridades no desenvolvemento do curso no alumnado, familias e profesorado.

  • Rango da norma:

    Orde

Achegas e opinións recibidas: 1