Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral para o Deporte
Departamento: A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral para o Deporte
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 05/05/2021 - 20/05/2021
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Problemas que se pretenden solucionar:
Desenvolvemento da regulación do alto nivel e do alto rendemento deportivo en Galicia, e completa consideración dos requisitos que deben concorrer nas persoas dos deportistas, dos técnicos, dos adestradores e dos xuíces-árbitros, así como nos núcleos especializados de adestramento.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
O Decreto 165/2020, de 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, veu a establecer o novo marco regulador da alta competición deportiva en Galicia, con destacadas innovacións respecto do sistema vixente ata a data da súa entrada en vigor. Entre as principais novidades destacan a posibilidade de que os recoñecementos regulados na norma teñan por beneficiarios aos técnicos e adestradores ou aos xuíces e árbitros, así como a nova categoría dos núcleos de adestramentos especializados.
Obxectivos:
Os obxectivos da norma son o desenvolvemento dos criterios técnico-deportivos necesarios para acadar as categorías reguladas no Decreto 165/2020, de 17 de setembro.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Non existe alternativa á elaboración da presente norma, toda vez que o propio decreto establece a necesidade de que os criterios técnico-deportivos sexan aprobados por orde.
Rango da norma:
Orde
Achegas e opinións recibidas: 4