Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral para o Deporte
Departamento: A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral para o Deporte
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 28/01/2020 - 12/02/2020
Información sobre a norma :
Antecedentes:
A Lei 3/2012, do 2 de abril, dedica o Título VI ás instalacións deportivas, creando no seu Capítulo I o Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia. Así, no artigo 77 disponse que lle corresponde á Administración autonómica a creación e custodia do Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia, no que se inscribirán as instalacións deportivas de uso público da Comunidade Autónoma.
Problemas que se pretenden solucionar:
Cómpre desenvolver regulamentariamente, entre outros aspectos, os requisitos para a inscrición das instalacións deportivas, órganos responsables do Rexistro, axentes autorizados para efectuar os asentos, distribución competencial entre as Administracións responsables de instalacións deportivas, a tipoloxía de instalacións, o sistema de clasificación destas, o soporte do Rexistro e o uso e acceso ao Rexistro.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A través do Acordo do 16 de xaneiro o Consello da Xunta encomenda á Secretaría Xeral para o Deporte a creación e custodia do Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia, no que se inscribirán as instalacións deportivas de uso público da Comunidade Autónoma. A creación do Rexistro aprobarase a través da correspondente disposición normativa, que deberá axustarse ao establecido na Lei do deporte de Galicia, polo que corresponde establecer esta regulación a través da norma regulamentaria pertinente.
Obxectivos:
Desenvolver a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia con respecto ao ámbito regulativo do Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
A día de hoxe soamente se contempla como solución a aprobación do decreto.
Rango da norma:
Decreto