Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral para o Deporte
Departamento: A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral para o Deporte
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 28/01/2020 - 12/02/2020
Información sobre a norma :
Antecedentes:
O artigo 51 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia dispón que as federacións deportivas galegas son entidades privadas, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, cuxo ámbito de actuación se estende ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Problemas que se pretenden solucionar:
As federacións deportivas galegas, no seu funcionamento, exercen tanto funcións privadas como funcións públicas, polo que a normativa que desenvolva o réxime xurídico destas debe combinar e respectar a autonomía organizativa no ámbito privado e delimitar e regular expresamente todos os aspectos relacionados co ámbito das funcións públicas delegadas, atendendo á necesaria protección dos intereses públicos derivados da súa condición de axentes colaboradores da Administración, actuacións que exercen baixo a tutela e a coordinación da Administración deportiva autonómica.
Esa condición de axentes colaboradores da Administración, no exercicio das funcións delegadas por esta, leva a que se precise dunha regulación que garanta en todo momento o correcto exercicio das mencionadas funcións públicas, dotando ás federacións e á Administración de mecanismos suficientes para non menoscabar os dereitos dos clubes, dos/as deportistas, dos/as adestradores/as e dos/as árbitros/as que forman parte dos distintos estamentos federativos.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A experiencia na aplicación da Lei 3/2012 do 2 de abril, do deporte de Galicia e do Decreto 228/1994, de 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas demanda a necesaria actualización do ámbito regulativo das Federacións Deportivas Galegas.
Obxectivos:
Establecer un regulamento que proporcione a debida seguridade xurídica sobre os seguintes aspectos de regulación das Federacións Deportivas Galegas:
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
A día de hoxe soamente se contempla como solución a aprobación dun novo decreto.
Rango da norma:
Decreto
Achegas e opinións recibidas: 1