Outras organizacións

O ámbito subxectivo de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno vai máis alá do sector público autonómico galego. Neste espazo inclúense os enderezos nos cales consultar as páxinas de transparencia dos outros organismos, entidades, organizacións... ao que tamén aplica a norma, así como as páxinas doutras institucións e organismos públicos que desenvolveron nos últimos anos iniciativas web en favor da transparencia e do bo goberno.

Imagen asociada a Outras organizacións
Logo asociado a Institucións públicas

Institucións públicas

A meirande parte das institucións e organismos públicos desenvolveron nos últimos anos iniciativas web en favor da transparencia e bo goberno co obxecto de poñer a disposición dos cidadáns ferramentas que facilitan o seguimento da acción de goberno, a rendición de contas, avaliación de resultados...

Logo asociado a Relacións da Xunta co Parlamento de Galicia

Relacións da Xunta co Parlamento de Galicia

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno especifica as obrigas en relación ás relacións da Xunta co Parlamento de Galicia.