O Plan Anual da Cooperación Galega 2018 foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 3 de maio de 2018, tras a aprobación polo Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento na súa reunión do 18 de decembro de 2017.
O Plan Anual da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2018 é o instrumento anual para levar á práctica o Plan Director da Cooperación para o Desenvolvemento que se executará nos vindeiros anos 2018-2021.
O Plan anual da cooperación galega recolle os compromisos, medios de actuación e recursos orzamentarios que o goberno galego pon a disposición da cooperación para o desenvolvemento para o ano 2018, de acordo coas orientacións establecidas no IV Plan director da cooperación galega 2018-2021, e conta cunha dotación orzamentaria de 5.027.160 euros, o que representa un incremento dun 11,4% con respecto ao aprobado para 2017.