O Plan Anual da Cooperación Galega 2019 foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 7 de febreiro de 2019, tras a aprobación polo Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento na súa reunión do 15 de xaneiro de 2019.
O Plan Anual da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2019 é o instrumento anual para levar á práctica o Plan Director da Cooperación para o Desenvolvemento que se executará nos vindeiros anos 2018-2021.
O mencionado Plan recolle os compromisos, medios de actuación e recursos orzamentarios que o goberno galego pon a disposición da cooperación para o desenvolvemento para o ano 2019, de acordo coas orientacións establecidas no IV Plan director da cooperación galega 2018-2021, e conta cunha dotación orzamentaria de 5.610.711 euros, o que representa un incremento dun 11,61% con respecto ao aprobado para 2018.