VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Estrutura orgánica e funcional

Áreas nas que a Consellería exerce as funcións que ten atribuídas

A Vicepresidencia da Xunta de Galicia configúrase como un órgano superior de coordinación da Presidencia da Xunta de Galicia ao cal lle corresponde, ademais das funcións e competencias establecidas no artigo 1 do Decreto 233/2012, do 5 de decembro, a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da Igualdade efectiva das mulleres e dos homes así como a asistencia xurídica da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, configurada como órgano de apoio e asistencia á Presidencia e á Vicepresidencia da Xunta de Galicia, é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponde a elaboración, proposta e execución da política do Goberno galego en materia de xustiza, administración local, relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias e interior, relacións exteriores e coa Unión Europea e avaliación e reforma administrativa, que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos que integran este departamento.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Escola Galega de Administracións Públicas

Academia Galega de Seguridade Pública

Axencia Galega de Emerxencias

Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero