Plan Estratéxico do Xacobeo 2021
Este plan, froito dun amplo proceso participativo para a súa elaboración, establece os eixes estratéxicos e os programas de acción cara ao Xacobeo 2021, evento singular e único que, poñendo en valor o Camiño e a cultura xacobea, vai vertebrar á sociedade galega e darlle visibilidade no exterior, incidindo positivamente nos desafíos que asume Galicia para a próxima década.
O plan céntrase en tres eixes estratéxicos:
- A celebración: accións específicas e singulares propias do Xacobeo.
- As persoas: os suxeitos principais e as persoas beneficiarias das accións que se porán en marcha.
- Camiño: o espazo físico sobre o que transcorren as accións.
E en dous eixes transversais:
- Soporte: que o Camiño sexa máis sostible e chegue nas mellores condicións ao Horizonte 2027.
- Acollida: a cidade de Santiago de Compostela.
Data de actualización: 7/8/2019