Plan de Transporte Público de Galicia
O Plan de Transporte Público de Galicia concreta a Rede de transporte público de Galicia da competencia da Xunta de Galicia.
A partir do obxectivo xeral do Plan de Transporte Público de Galicia (PTPG), que non é outro que acadar un modelo de transporte público por estrada sostible e eficiente, que se adapte mellor ás necesidades da cidadanía de Galicia, desenvólvense uns obxectivos máis específicos que son os seguintes:
- Facilitar a mobilidade das persoas en termos de igualdade, seguridade, calidade, eficiencia social e sostibilidade económico-financeira e medioambiental.
- Fomentar e potenciar o uso prioritario do transporte público en calquera dos seus modos.
- Facilitar a intermodalidade do servizo e a súa accesibilidade ás persoas, de xeito que se potencie a súa concepción como unha alternativa sostible fronte ao transporte particular e contribúa á vertebración territorial da Comunidade Autónoma.
Unha vez postas en servizo as novas liñas de transporte de viaxeiros/as por estrada, resultado dos traballos de redeseño do mapa das concesións actuais, está previsto avaliar o grao de cumprimento do PTPG e dos seus obxectivos mediante a implantación dun programa de seguimento do cumprimento dos novos contratos de concesión, a partir unha serie de indicadores cuantificables e de fácil medida.
A relación concreta de indicadores de seguimento e os protocolos para o seu manexo operativo serán definidos nun documento específico.
Data de actualización: 23/01/2019