Plan de actividades 2018 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do Issga nas distintas disciplinas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo. Así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST, e á execución do segundo ano da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.
A estrutura do plan realízase nos seguintes eixos, e cada un deles ten unha serie de fichas de actividade que concretan as actuacións anuais a desenvolver:
- Transversalidade
- Observatorio
- Investigación
- Asesoramento técnico e actuacións de coordinación e colaboración
- Promoción da prevención e redución da sinistralidade
- Formación e difusión da PRL
- Mellora continua