Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade en Galicia (e-Mobility)
O Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade en Galicia ten como obxectivo fundamental impulsar a dixitalización do sistema público de transporte, a través dun modelo integral de todos os procesos de xestión e tramitación por parte dos operadores e o desenvolvemento de novos servizos para os usuarios.
Os obxectivos específicos a acadar son os seguintes:
- Eficiencia operativa de todos os axentes que interveñen na cadea de transporte.
- Control de xestión, planificación e toma de decisións para un mellor aproveitamento dos recursos públicos e das capacidades e infraestruturas existentes.
- Deseño e fomento dun modelo de transporte sostible.
- Mellora da relación co cidadán grazas a un soporte tecnolóxico, facilitando información do sistema de transporte en tempo real.
As liñas de actuación esténdense aos seguintes aspectos:
- Xestión da oferta de transporte, mediante a mellora do soporte de planificación, deseño e creación das rutas, así como a integración dos procesos e procedementos.
- Xestión económica, implantando novos servizos de pago que lles faciliten o labor aos viaxeiros e aos condutores.
- Xestión do servizo, mellorando a calidade da información e ofrecendo novos servizos complementarios aos usuarios.
- Xestión de inspeccións e sancións, que permitan tomar medidas efectivas ante posibles incidencias.
- Xestión analítica da información, ofrecendo unha visión global e integrada do sistema público de transporte de Galicia.
- Desenvolvemento dun modelo de smart mobility, a través de servizos de alto valor engadido para os usuarios seguindo un modelo de explotación open data.
- Creación de iniciativas departamentais que permitan reducir o uso de ferramentas ofimáticas e evitar o traballo manual de datos. En última instancia, preténdese acadar a tramitación electrónica integral de todos os aspectos relacionados co sistema de transporte.
Data de actualización: 17/04/2018