Plan Director e Plan Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021
O Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021 supón unha ferramenta de xestión para a Xunta de Galicia e unha folla de ruta que marca as directrices para favorecer a conservación e protección do Camiño na nosa Comunidade autónoma, atendendo a todos os axentes, públicos e privados, implicados no mesmo.
A contribución do Camiño ao fortalecemento da unidade da marca Galicia, está baseado en tres piares fundamentais:
- A experiencia do peregrino
- A transcendencia do propio Camiño
- Estratéxico e vertebrador da unidade da marca
O Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago 2015-2021 constrúese co firme obxectivo de:
- Protexer e preservar o Camiño para garantir a pervivencia da súa identidade e aposta en valor do seu patrimonio cultural e natural.
- Responder ás necesidades do peregrino do S.XXI, ofrecendo unha excelente hospitalidade na acollida e favorecendo unha experiencia de calidade durante toda a súa peregrinación.
- Fomentar a cohesión social e o equilibrio territorial.
- Seguir constituíndo a identidade universal de Galicia e de Europa.
Os retos do Plan Estratéxico do Camiño de Santiago son:
- Conciencia e posicionamento dos valores esenciais do Camiño
- Posta en valor do patrimonio do Camiño
- Excelencia na experiencia do peregrino
- Eixo de desenvolvemento socioeconómico sostible e responsable
- Camiño como fortalecedor da marca “Galicia”
O Plan desenvólvese a partir de catro eixos: a gobernanza, a xestión, o uso e a difusión e conta con oito liñas estratéxicas:
- L.E.1. Coordinación e organización administrativa
- L.E.2. Preservación e potenciación dos valores patrimoniais do Camiño de Santiago
- L.E.3. Conservación e mantemento do Camiño de Santiago
- L.E.4. Camiño de Santiago medioambientalmente sostible
- L.E.5. Fortalecemento da cidade de Santiago de Compostela como meta da ruta Xacobea
- L.E.6. Potenciación de todas as rutas de peregrinación a Santiago de Compostela
- L.E.7. Especialización e calidade no servizo de atención ao peregrino
- L.E.8. Comunicación e divulgación do Camiño e da Cultura Xacobea
Plan cofinanciado polo P.O. Feder Galicia 2007/2013, T.P.5.57.4 (80%) e FCI (20%).
Data de actualización: 24/1/2017