Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020
O Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020 da continuidade ao Plan de Modernización da Administración pública no relativo a implementación de iniciativas que fomenten o uso da administración electrónica por parte da cidadanía e no desenvolvemento dos desafíos propostos na Axenda Dixital para Galicia en este eido.
As políticas e directrices europeas levan tempo traballando na promoción dunha sociedade cada vez máis aberta e competitiva, baseada na economía dixital, poñendo especial atención na Administración electrónica como impulsora da inclusión e a calidade de vida. Ante este contexto, a Xunta de Galicia estableceu nos últimos anos o obxectivo prioritario de lograr servizos eficientes e próximos mediante o emprego das tecnoloxías da información avanzando cara unha Administración electrónica capaz de relacionarse coa cidadanía e as empresas mediante as canles electrónicas.
O uso das TIC nos distintos ámbitos de relacións entre a Administración e a cidadanía achega unha gran cantidade de melloras, entre as que se adoita mencionar o aumento da eficiencia e da calidade do servizo, pero sobre todo, a posibilidade de eliminar as barreiras horarias (servizo 24 horas, sete días á semana) e físicas (independencia da localización física do cidadán).
O Plan de Administración e Goberno dixitais 2020 oriéntase a:
Data de actualización: 5/3/2016